59 Rallye Ourense Recalvi 2026. 1ª Etapa Ribadavia – Arnoia – Castrelo de Miño

publicado en: NOVAS | 0

No 59 Rallye Ourense Recalvi 2026 terán a saída dous tramos cronometrados da  1ª Etapa en Ribadavia, o TC03 ás 20:00h, e o TC06 ás 23:50h.

As estradas e rúas afectadas estarán cortadas ao tráfico en todo o tramo dende as 18:30h do venres 12 de xuño, ata a 01:50h do sábado 13 de xuño. Estará  prohibido aparcar dende ás 18:30h do venres, ata as 01:50h do sábado nas rúas e estradas que se indican. Cómpre sinalar que no barrio de San Francisco poderá estacionarse nos lugares habilitados.

Venres 12, 1ª Etapa

Estradas e rúas afectadas*

A intersección da rúa San Martiño con Progreso estará cortada, polo que a saída destes veciños habilitarase a través da rúa Rego de Agua, na que se cambiará o sentido de circulación no horario sinalado

  • Rúa Progreso dende o cruce (OU-406) Ponte San Francisco ata estrada do Pavillón
  • OU-0305 Ribadavia- A Foz — A Arnoia (A Barca/A Reza)
  • OU-402 A Arnoia- Castrelo de Miño (A Ponte)
  • OU-403 A Ponte (C. de Miño) — Stª Cristina (Ribadavia

(Todas as indicadas e as que intersecionen con elas)

Recomendacións:

– Facede a previsións oportunas para este día e estes horarios.

– Si tedes que viaxar, deixade os coches en rúas/estradas que non intersecionen coas afectadas pola etapa.

— Especial atención as mascotas e  animais domésticos. Poden producir accidentes graves. Os propietarios deben coidar, moi especialmente, que non poidan acceder ás vías por onde discorra a proba.

— As estradas secundarias, locais, pistas agrarias ou paseos fluviais que dan saída en vehículo as estradas principais cortadas ao tráfico pola carreira, e posible que teñan mais afluencia de tráfico do normal por iso prégase circular por elas con moita precaución e non facer uso do vehículo se non e absolutamente necesario.

— Soamente se pode seguir a proba nos tramos nos espazos reservados e sinalizados  ó público a tal efecto (cinta  amarela), e sobre todo as Zonas Especiais

  • Lembrade seguir en todo momento as indicacións de Policía Local, Garda Civil, voluntarios de Protección Civil e voluntarios da organización do Rallye.          

Desfrutade de 59 Rallye Ourense Recalvi con seguridad