Resumen de actividade de abril, maio e xuño de 2026

publicado en: NOVAS | 0

Durante os meses de abril, maio e xuño, o Servizo de Emerxencias realizou un total de 191 intervencións e operativos, prestando resposta a incidencias de moi diversa natureza e garantindo a atención ás emerxencias no ámbito de actuación.

Accidentes de tráfico

Atendéronse un total de 28 accidentes de tráfico, distribuídos do seguinte xeito:

  • 3 accidentes con excarceración de persoas feridas.
  • 13 accidentes con persoas feridas, nos que lamentablemente se produciron dúas persoas falecidas.
  • 10 accidentes sen persoas feridas.
  • 1 accidente laboral.
  • 1 accidente con maquinaria agrícola.
Incidencias con animais

Realizáronse 11 intervencións relacionadas con animais soltos, feridos ou mortos, garantindo a seguridade da cidadanía e da circulación viaria.

Control da Vespa velutina

Durante este período efectuáronse 52 intervencións relacionadas coa Vespa velutina:

  • 3 campañas de trampeo, cun total de 47 trampas distribuídas por todo o concello, nas que se capturaron 1.505 raíñas durante a primavera.
  • 49 retiradas de niños de risco en distintos puntos da zona de intervención do servizo.
Incidencias en vías públicas

Leváronse a cabo 17 intervencións motivadas por:

  • Caídas de árbores.
  • Verteduras na vía pública.
  • Retirada de restos de accidentes.
  • Incidencias en tendidos eléctricos e telefónicos.
Incendios

Interveuse nun total de 19 incendios, distribuídos da seguinte maneira:

  • 6 incendios en vehículos, dos cales 2 resultaron ser falsas alarmas.
  • 9 incendios forestais, correspondentes a:
    • 2 queimas controladas.
    • 6 incendios forestais.
    • 1 incendio forestal de Nivel 2.
  • 3 incendios urbanos.
  • 1 incendio nunha escombreira de residuos.
Operativos de Protección Civil

Realizáronse 46 operativos de Protección Civil, dando cobertura preventiva e apoio en diferentes eventos e servizos, entre os que destacan:

  • Feira do Viño.
  • Apoios á Policía Local.
  • Xornadas de Educación Viaria.
  • Xornada de Protección Civil.
  • Rallye de Ourense.
  • Apoio a diferentes servizos municipais e outros dispositivos preventivos.
Prevención de riscos
  • Levouse a cabo 1 actuación preventiva de control de riscos, destinada á redución de situacións de perigo para a poboación.
Apoio ás asistencias sanitarias
  • Prestáronse 8 apoios ao 061, dos cales 5 corresponderon ao helicóptero medicalizado de urxencias.
Rescates e outras intervencións

Realizáronse 9 intervencións, correspondentes a:

  • Busca de 4 persoas desaparecidas.
  • Rescate dunha persoa en situación difícil.
  • 2 aperturas de portas e ascensores.
  • 2 dispositivos de busca dunha persoa no río Miño, na zona dos Peares.

Lamentablemente, neste período producíronse 3 persoas falecidas en diferentes intervencións. Queremos trasladar o noso máis sincero pesar ás súas familias e amizades.
Así mesmo, 27 persoas resultaron feridas de diferente consideración, ás que lles desexamos unha pronta e completa recuperación.
#GESRibadavia #ProtecciónCivil #Prevención #Precaución #ribadavia #Ribeiro