BALANCE DE ACTIVIDADE DO TERCEIRO TRIMESTRE

publicado en: NOVAS | 0

Durante os meses de xullo, agosto e setembro, o Servizo de Emerxencias desenvolveu unha intensa actividade, dando resposta ás emerxencias, incidencias e operativos rexistrados na nosa zona de actuación.

📊 364 intervencións segundo os totais mensuais:

🔹 Xullo: 120 intervencións
🔹 Agosto: 133 intervencións
🔹 Setembro: 111 intervencións

Entre as actuacións realizadas destacan:

🚗 40 accidentes,  26 accidentes con persoas feridas — 1 con excarceración — , 11 sen feridos, 2 accidentes laborais, e 1 accidente ferroviario con resultado mortal.

🔥 27 incendios, entre os que se inclúen 14 incendios forestais —2 falsas alarmas —, 7 de vehículos —2 falsas alarmas —,  3 urbanos —1 falsa alarma, e 3 intervencións relacionadas con infraestruturas, e electricidade.

🐝 154 intervencións para a eliminación ou neutralización de niños de vespa velutina.

🐕 31 intervencións con animais soltos, feridos, mortos ou en situación difícil.

🚑 Apoios e asistencia en situacións sanitarias e persoas en situación difícil, incluíndo 10 colaboracións co helicóptero medicalizado, 1 parada cardiorrespiratoria, 10 caídas na casa, 3 rescates en ríos pozos, e aperturas de portas.

🌳 Actuacións ante incidencias na vía pública relacionadas con 12 árbores, ramas, cables, pancartas, restos de accidentes ou vehículos avariados.

🛡️ Un importante número de operativos de Protección Civil— 65—, dos que 37 foron apoio dos nosos Voluntarios de PC en eventos e actividades como a Mostra Internacional de Teatro, a Festa da Istoria, as Festas patronais, Festa do Pulpo,  Romaría dos Milagres…, ademais de labores de loxística, aprovisionamento de auga e prevención.

O terceiro trimestre estivo marcado tamén por unha importante actividade preventiva, especialmente durante os meses de maior risco de incendios forestais e pola elevada presenza de vespa velutina na que xa empezamos o trampeo de outono con 46 trampas colocadas o longo do concello.

Neste período, lamentablemente, producíronse 3 persoas falecidas en diferentes intervencións. Queremos trasladar o noso máis sincero pesar ás súas familias e amizades.
Así mesmo, 43 persoas resultaron feridas de diferente consideración, ás que lles desexamos unha pronta e completa recuperación.
#GESRibadavia #ProtecciónCivil #Prevención #Precaución #Ribadavia #Ribeiro